Luisa Sánchez salienta na Festa dos Vellos de Cabral a importancia das políticas de envellecemento activo
06/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado na XXXIII Festa dos Vellos de Cabral, onde salientou a importancia das políticas de envellecemento activo e puxo en valor o papel das persoas maiores como “parte fundamental do pasado, presente e do futuro da nosa sociedade”. Nun acto que contou coa actuación da Coral Alborada, a representante provincial en Vigo felicitou á AVCD de Cabral polo 50º aniversario que acaba de celebrar esta asociación veciñal. Finalmente, aproveitou para informar de que a Deputación vén de adxudicar o servizo de xestión do programa Provincia Activa 2026, que desenvolverá 160 obradoiros destinados a persoas maiores en 44 concellos da provincia.
