Luisa Sánchez participa nas festas de Santa Ana en Beade
26/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo ás festas de Santa Ana, na parroquia viguesa de Beade, onde participou nos actos centrais da xornada, entre eles a misa solemne, a procesión e a emotiva homenaxe ás persoas maiores. A celebración reuniu a veciños e veciñas arredor dun programa de festas que combina os actos relixiosos coas actividades culturais.
