Rafa Domínguez participa na entrega de medallas da competición júnior feminina e masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026

24/09/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no acto de entrega de medallas da competición júnior feminina e masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026. Estas probas, as primeiras do calendario de todas canto se celebrarán entre este xoves e este domingo en Pontevedra, consistiu nunha primeira parte de 750 metros a nado entre a Ponte dos Tirantes e a Avenida de Bos Aires, catro voltas en bicicleta cun total de 20 km pasando polo Burgo e Lérez, e dúas voltas de 5 km correndo polo casco urbano.

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon é un evento de impacto global no que participarán máis de 5.000 atletas de 83 países e que conta co apoio da institución provincial dentro do seu obxectivo de converter Pontevedra na provincia do deporte. Ao longo de catro xornadas, a cidade de Pontevedra será escenario das finais masculina e feminina en categoría elite, sub-23, xuvenil, grupos de idade, paratríatlon, relevos e aquabike, así como cunha extensa programación de actuacións musicais.