Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre 17 entidades xuvenís de dez concellos da provincia ao abeiro do +Xuventude

Trátase da “primeira liña de achegas da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia” que destinará ata 5.000 euros para que as asociacións xuvenís desenvolvan os seus proxectos

20/09/2024

Conferencia de prensa de Luis López

Luis López anunciou hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao reparto de 80.000 euros do Plan +Xuventude, a primeira liña de achegas da entidade provincial dirixida á mocidade, para que 17 entidades xuvenís de dez concellos da provincia (A Guarda, Barro, Bueu, Cangas, Meis, Pontevedra, O Rosal, Silleda, Vigo e Vilagarcía) poidan desenvolver os seus proxectos. "Sen dúbida algunha, temos moito futuro coa nosa mocidade e por iso este goberno provincial vai seguir impulsando iniciativas para estar ao seu carón", confirmou o presidente provincial.

Con estes recursos as entidades xuvenís poderán financiar proxectos relacionados coa música e as artes, contra o despoboamento, de promoción de hábito saudables, inclusión, medio ambiente, tradicións, educación, deporte, ciencia ou actividades lúdicas. Cada asociación ou grupo recibirá ata 5.000 euros para financiar "proxectos que demostran que a xuventude da nosa provincia ten moitas iniciativas, moito talento e está moi comprometida", asegurou López.

Ademais, o presidente provincial adiantou que o vindeiro xoves 26 de setembro o Salón de Plenos do Pazo provincial acollerá un encontro no que participarán todas as asociacións e grupos que reciben achegas deste Plan +Xuventude para financiar os seus proxectos.

 

Ligazóns de interese

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":13744818,"groupId":"37861","name":"20251009_jorgecubela_reunion_xuventude_jphilippot_02.jpg","alt":"O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela","title":"20251009_jorgecubela_reunion_xuventude_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"8994d968-b23c-ccc2-f1e7-a6d8a69d949f","fileEntryId":"13744818","resourcePrimKey":"13745033"}

A Deputación organiza unha xuntanza con responsables das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) da provincia para avanzar no impulso de políticas dirixidas á mocidade

  11/10/2025

{"classPK":6782452,"groupId":"37861","name":"MaisXuventude.jpg","alt":"imaxe do programa máis xuventude","title":"MaisXuventude.jpg","type":"document","uuid":"7ae9e058-f78f-f331-72c2-3c2da176a803","fileEntryId":"6782452","resourcePrimKey":"12192404"}

A Deputación abre este luns o prazo para solicitar as axudas do Plan +Xuventude que repartirá 120.000 €, 20.000 € máis que o pasado ano, entre asociacións xuvenís sen ánimo de lucro da provincia

  16/02/2025

{"classPK":12146502,"groupId":"37861","name":"20250207_xuventude_rafaestevez_05.jpg","alt":"Xuntanza OMIX Plan +Xuventude","title":"20250207_xuventude_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"5d2fb9e1-906c-5c57-837e-267fd9ef457d","fileEntryId":"12146502","resourcePrimKey":"12145576"}

A Deputación lanza a segunda convocatoria do Plan +Xuventude que repartirá 120.000 €, 20.000 € máis que o pasado ano, entre asociacións xuvenís sen ánimo de lucro da provincia

  09/02/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.