Luisa Sánchez recibe á nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses, Mercedes Bangueses

02/03/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, recibiu este luns na sede viguesa da administración provincial á nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses (IEV), Mercedes Bangueses, coa que mantivo a primeira reunión tras o seu nomeamento. Durante a xuntanza, na que tamén estivo presente o vicepresidente da entidade, Antonio Giráldez Lomba, a vicepresidenta trasladoulle os seus parabéns pola nova responsabilidade á fronte da entidade cultural e destacou o “importante labor” que desenvolve o IEV na investigación, conservación e difusión da historia da cidade. Luisa Sánchez, habitual asistente aos ciclos e conferencias do IEV, remarcou a disposición da Deputación de Pontevedra de manter unha relación “fluída e construtiva” durante esta nova etapa.​