Elección da nova mascota do programa Depo Aventura A Lanzada

06/09/2023

Os campamentos de “Depo Aventura A Lanzada”, promovidos pola Deputación de Pontevedra, chegan esta semana á súa recta final. O deputado de Xuventude, Jorge Cubela, participou hoxe no acto de elección da nova mascota do programa, que resultou nun empate entre ‘Centola Manola’ e ‘Mrs Rubbish & Lady Búa’, elaboradas polos rapaces das quendas das semanas 7 e 11 dos campamentos, respectivamente. As mascotas protagonizarán a imaxe que terá o programa provincial na edición de 2024.

Jorge Cubela felicitou os gañadores polas súas propostas, todas elas elaboradas con materiais naturais e refugallos. De feito, a sensibilización medioambiental é un dos contidos esenciais dos campamentos. O deputado agradeceu o labor do persoal que atendeu os 1.540 participantes do programa este verán na Lanzada e animou os nenos a desfrutar dos días que restan desta experiencia, “que espero que deixase pegada en todos vós”. “Eu tamén fun un neno como vós que pasou unha semana neste campamento, e asegúrovos que aínda a día de hoxe me lembro dos boísimos momentos que pasei aquí”, sinalou Cubela.

Mascota gañadora (pdf)

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.