Preto de 1.000 persoas participan esta fin de semana no programa da deputación “En ruta coa Depo”

Veciños de Caldas de Reis, Cambados, Covelo, A Estrada, A Guarda, Mos, Ponteareas,  Pontevedra, Redondela, Salceda

06/10/2023

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana 18 saídas no marco do programa provincial “En ruta coa Depo”, unha iniciativa que lles ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Cambados, Silleda, Redondela, Vigo, Covelo, Pontevedra, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Mos, A Guarda, A Estrada e Salceda de Caselas mobilizarán un total de 942 persoas para coñecer lugares da provincia coma a Illa da Toxa, O Grove, a ría de Arousa, a illa de San Simón ou a illa de Tambo, Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Lama, A Cañiza, o castro de Santa Trega, o conxunto histórico de Tui, o monte Aloia e Alto dos Cubos, Agolada, Cambados, Meis e Silleda. Así, nesta mesma xornada do venres, a Asociación de Amas de Casa Albariño de Cambados está a percorrer a illa de San Simón, o castelo de Soutomaior, Ponte Sampaio e o Museo Meirande de Redondela.

Son oito as rutas establecidas para o sábado. A Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valadares de Vigo, a Asociación de Mulleres e Familias Rurais de Covelo e a Asociación de Veciños Salcedo-Norte de Pontevedra visitarán os pendellos de Agolada, a Casa-Museo A Solana de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e a igrexa de San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces. A Asociación de Mulleres Rurais Carballeira-Caldas de Reis fará un percorrido polo santuario de Santa María da Franqueira da Cañiza, o Centro de Interpretación da Cera de Covelo e o Museo do Viño de Salvaterra de Miño. A Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel de Silleda e a Asociación Sociedade Cultural do Viso de Redondela visitarán o mosteiro de Poio, a illa de Tambo e Combarro. A ANPA Agarimo do Colexio Atalaia Cantabria de Vigo realizará o  itinerario pola ría de Arousa ata a Illa da Toxa e o Museo da Sala do Grove, mentres que a Sección Sindical de Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra visitará a illa de San Simón, o castelo de Soutomaior, Ponte Sampaio e o Museo Meirande de Redondela.

A programación de “En ruta coa Depo” desta semana finaliza o domingo 8 de outubro con nove saídas planificadas. A Asociación Cultural Irmáns Barcia de Ponteareas fará a ruta da prehistoria e ocio en Cangas, que inclúe a visita a Cabo Home, ao monte do Facho e á praia de Melide. A Asociación Agrupación Cultural a Cividade de Mos realizará o itinerario  de Tambo, mentres que a Asociación de Veciños San Miguel de Vilagarcía  de Arousa visitará a ponte de Gomail de Forcarei, a ponte de Pedre de Cerdedo-Cotobade, a ponte e praia fluvial do río Verdugo na Lama e o sendeiro do mesmo río en Ponte Caldelas. A Asociación de Festas do Carme de Soutoxusto de Redondela desprazarase ata Cambados para coñecer o seu conxunto histórico, o Museo Etnográfico e do Viño, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a adega do pazo de Fefiñáns e o Museo do Muíño de Mareas da Seca. Desde A Guarda sairán a Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas para visitar o mosteiro de Aciveiro de Forcarei e o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, o castro de Toiriz e a fervenza do Toxa, en Silleda, e a Asociación Recuperación do Traxe Galego, que percorrerá o mosteiro da Armenteira, a ruta da pedra e da auga, os muíños do Batán, o monte do Castro e o Pazo de Señoráns en Meis. A Asociación Cultural e Deportiva Saliceta de Salceda de Caselas visitará o parque natural do río Barosa de Barro, o miradoiro do Val de Portas, o xacemento da igrexa antiga de Santa Comba de Louro e as torres de Oeste de Catoira. Por último, ata o castro de Santa Trega da Guarda, o monte Aloia,  o Alto dos Cubos e o conxunto histórico de Tui desprazaranse a Asociación de consumidores e Mulleres da Estrada e a Asociación de Veciños de San Roque de Vigo.
    
A través de “En ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra fomenta a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia por medio de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100 % co obxectivo de achegarlles o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social
 de Caselas, Silleda, Vilagarcía de Arousa e Vigo participan en 18 saídas para coñecer lugares singulares da provincia

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.