A Deputación reforza o programa Vive o Rural de visitas escolares a granxas con 40.000 € máis de orzamento e coa participación dos concellos de menos de 50.000 habitantes

Luis López: “Trátase dunha iniciativa dirixida a escolas de infantil, primaria e secundaria e ANPAS dos concellos de menos de 50.000 habitantes para que os nenos e mozos coñezan a realidade das actividades agrícolas e gandeiras”

02/10/2026

A Deputación reforza o programa Vive o Rural de visitas escolares a granxas con 40.000 € máis de orzamento e coa participación dos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao programa Vive o Rural para o 2027, que contará cun orzamento de 120.000 euros, 40.000 euros máis que a edición de este ano, para que os centros educativos da provincia desfruten de saídas a granxas escolas. O presidente Luis López explicou que outra das novidades deste ano é que o programa se amplía e estará dirixido a centros educativos de infantil, primaria e secundaria e ANPAS dos concellos de menos de 50.000 habitantes co obxectivo de chegar a máis centros “para que os nenos e mozos coñezan a realidade das actividades agrícolas e gandeiras”.

O prazo de solicitude para poder beneficiarse deste programa ten previsto abrir do 19 de outubro ata o 1 de decembro. Neste eido, o importe máximo que se destinará a cada centro educativo de infantil, primaria e secundaria ou ANPA de concellos con poboación inferior aos 20.000 habitantes será de 1.250 euros e con estes recursos poderán custear a entrada á granxa escola e o desprazamento de ida e volta en transporte colectivo. As saídas realizaranse en calquera das granxas escolas que participantes de Viva o Rural: Serantellos (en Cambados), Fervenzaventura (en Silleda), Kiriko (en Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (en Tomiño), Río Mouro (en Poio) e A Gotiña (en Covelo), que se incorpora este ano.

Ata a data, tal e como subliñou o presidente da Deputación Luis López, foron xa 3.200 nenas e nenos e mozas e mozos de 76 centros escolares da provincia os que gozaron deste programa de saídas educativas a granxas escolas. “Agardamos – remarcou López- que a cuarta edición Vive o Rural que se desenvolverá no 2026 e vimos de activar continúe a ser un éxito”.

audios