Arranca a cuarta quenda dos campamentos da Lanzada con 140 menores de 35 concellos da provincia

Ao longo de seis días, a rapazada participará en diversas actividades lúdicas e formativas nas instalacións da Deputación na Lanzada

15/07/2023

Os campamentos de Depo Aventura A Lanzada reunirán na súa cuarta quenda a partir deste domingo 16 de xullo a 140 nenas e nenos dun total de 35 concellos da provincia. Ao longo de seis días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Neste verán e ata o 9 de setembro, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Nesta cuarta quenda de Depo Aventura, as 70 nenas e 70 nenos (todas e todos elas/eles nadas/os entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (27); Pontevedra (15); Vilagarcía (11); A Estrada (9); Lalín (6); Redondela (6); Barro (5); Silleda (5); Catoira (5); Ponteareas (5); Cangas (4); Caldas de Reis (4); Salvaterra (3); Mondariz Balneario (3); A Guarda (2); Baiona (2); Sanxenxo (2); Portas (2); Poio (2); Gondomar (2); Cambados (2); Moaña (2); As Neves (2); O Rosal (2); Vilanova (2);  Vilaboa (2); Salceda de Caselas (1); Cerdedo-Cotobade (1); Arbo (1); Tui (1); Meis (1); O Porriño (1); Rodeiro (1); Soutomaior (1) e Tomiño (1).

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofrécelles ás nenas e nenos do campamento un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento multicultural da contorna. Amais, a cativada realizará un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.