#MulleresQueOpinan
Premios Mulleres que Opinan
Os Premios Mulleres que Opinan, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Pontevedra, teñen como obxectivo impulsar o exercicio da opinión xornalística por parte de mulleres profesionais do sector, animar e promover a escrita nas mulleres máis novas, e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres que queiran opinar.
A Deputación e o Concello de Pontevedra, atendendo a un dos seus principios reitores —a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes—, son conscientes da necesidade de recursos que creen as condicións necesarias para reducir as fendas de xénero aínda existentes. Por iso, este ano convocan a primeira edición dos Premios #Mulleres que Opinan para apoiar as mulleres que exercen a profesión xornalística e o xénero da opinión.
Na convocatoria poderá participar calquera muller maior de idade de todo o territorio estatal que escriba un artigo de opinión, en lingua galega ou castelá, cun texto relacionado coa oitava edición do encontro As Mulleres que Opinan son Perigosas, que terá lugar o 13 e o 14 de marzo de 2026 no Teatro Principal de Pontevedra.
PREMIADAS
- Carmen Gonzalez Magdaleno La ventaja de ser mujer
- Galego: Carolina Sertal Souto. As voces perdidas.
- II Edición 2024:
- Castelán: María Piñeiro Jato. Hablar
- Galego: Antía Yáñez Rodríguez. As leis de Newton
- III Edición 2025: