Liñas de subvencións

ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL


A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, convoca cinco liñas de subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social, cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar a posta en marcha de actividades e iniciativas desenvolvidas polas entidades sociais da provincia de Pontevedra para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
  • Promover a accesibilidade universal en todos os ámbitos onde existen barreiras que impiden a participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.
  • Impulsar a mellora, adecuación e modernización das instalacións e dotacións das entidades mediante a posta en marcha de obras orientadas á construción, rehabilitación, ampliación, reforma, mellora da conservación e da eficiencia enerxética e á adquisición e adaptación de vehículos.

As entidades destinatarias destas subvencións serán as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro con domicilio social ou unha delegación permanente na provincia de Pontevedra que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras de cada convocatoria.

Liñas de subvencións:

  • Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social.
  • Subvencións nominativas dirixidas a entidades de iniciativa social.
  • Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para a promoción da accesibilidade universal, programa "Provincia +inclusiva".
  • Subvencións para a realización de obras en instalacións das entidades de iniciativa social sen fins de lucro, programa "Impulsa benestar".
  • Subvencións a entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra para a adquisición ou adaptación de vehículos directamente vinculados ao desenvolvemento da súa actividade social, programa "Impulsa benestar".

Contacto:

Correo-e: benestarsocial@depo.es

Teléfono: 986 804 100

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.