#CohesiónSocial

GUÍA DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

da provincia de Pontevedra

Estas entidades nacen da iniciativa cidadá ou social, baixo diferentes modalidades, responden a criterios de solidariedade e de participación social, con fins de interese xeral e sen ánimo de lucro, e impulsan o recoñecemento e o exercicio dos dereitos civís, así como dos dereitos económicos, sociais ou culturais das persoas e grupos que sofren condicións de vulnerabilidade ou que se atopan en risco de exclusión social. Son, en definitiva, aquelas entidades que sempre estiveron a carón das persoas en situación de desigualdade e con problemas estruturais de exclusión social.


Desde a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, perséguese o reto de apoiar as entidades de iniciativa social e incorporalas nos procesos de intervención en, para e coa comunidade, con especial atención no seu financiamento. Estas entidades adquiren un papel de vital importancia na implementación das políticas sociais e nos novos escenarios de participación cidadá.

Coa GUÍA DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL a Deputación de Pontevedra reforza a súa aposta pola política social e enxalza o gran labor do terceiro sector.

O obxectivo é poñer en valor o traballo do tecido asociativo da provincia de Pontevedra, que traballa con programas destinados á poboación máis vulnerable, á vez que pon á disposición da cidadanía un recurso de busca de interese social