Luisa Sánchez enxalza a posta en valor do patrimonio cultural do Festival 8 Pés

13/11/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, enxalzou este xoves a posta en valor do patrimonio cultural que realiza o Festival 8 Pés, que se desenvolverá en Vigo entre o 19 e o 22 de novembro. Durante a presentación do evento, na que estivo acompañada do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do director artístico da Orquestra Clásica de Vigo, Manuel Martínez, a representante provincial amosou a súa “fascinación” por este certame, que ten como protagonista un órgano Alberdi de 1909. “Cando soa ese órgano, faise o silencio entre el público congregado na Concatedral de Santa María. Un silencio de admiración. Un silencio maxestoso, como o propio órgano”, aseverou. A vicepresidenta tamén salientou o nivel da quinta edición do festival, que reunirá a artistas internacionais como Diego Innocenzi, Óscar Candendo, Olivier Latry ou Enrique Martín-Laguna.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.