Luisa Sánchez defende unha intelixencia artificial que faga máis competitivas ás empresas de xeito equilibrado

19/11/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, defendeu unha intelixencia artificial que faga máis competitivas ás empresas de xeito equilibrado. Na apertura do V Foro Empresa Sostible, celebrado este xoves en Vigo na sede da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) en colaboración con APROEMA baixo o lema ‘IA + ESG Galicia’, a responsable provincial sinalou que a intelixencia artificial pode axudar ás compañías a optimizar os seus procesos produtivos, pero sen esquecer os custos ambientais asociados ao desenvolvemento desta tecnoloxía. Así mesmo, valorou a participación no foro de entidades e empresas como Gradiant, CTAG, Altia, Eleko e Adegas Terra de Asorei, que achegaron experiencias prácticas sobre a aplicación da IA á sustentabilidade empresarial.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.