Adrián Escudero e Noemí Álvarez impóñense na cuarta parada do circuíto Entre Pontes Trail & Running, que reuniu 800 persoas en Cerdedo Cotobade

01/11/2026

Adrián Escudero (Corredoiras Bueu) e Noemí Álvarez (Castrelos Trail Club) impuxéronse nas categorías masculina e feminina, respectivamente, da cuarta parada do circuíto Entre Pontes Trail & Running da Deputación de Pontevedra, disputada este domingo en Cerdedo Cotobade. O gañador absoluto rematou o trail de 14 quilómetros nunha hora, tres minutos e 27 segundos, mentres que a campioa marcou un rexistro de 1:20:58. A cita, que tamén contou cunha andaina, carreiras infantís e zona de convivencia, supuxo outro éxito de participación ao completar as 800 prazas dispoñibles.

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, e o deputado provincial Jorge Cubela foron os encargados de dar a saída, en compañía da directora de Deportes, Xisela Aranda. Antes do inicio da competición gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas mortais do accidente ferroviario de Urda (Toledo), cun recordo singular para María del Carmen Vázquez Nieto, natural de Cerdedo Cotobade.

Galería de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.