A Deputación ultima o prazo para solicitar os 210.000 euros de axudas do plan Pontevedra, Provincia +Inclusiva para fomentar a accesibilidade universal

As entidades sociais sen fins de lucro da provincia poderán recibir ata 10.000 euros para actuacións de accesibilidade ou adquisición de equipamentos, e teñen de prazo ata o luns 11 de maio para solicitar os recursos

03/05/2026

A Deputación de Pontevedra pecha o próximo luns 11 de maio o prazo para que as entidades sociais sen fins de lucro da provincia poidan solicitar os 210.000 euros cos que está dotado o plan Pontevedra, Provincia +Inclusiva, unha liña de axudas cuxo obxectivo é promover a accesibilidade universal. Cada entidade recibirá un máximo de 10.000 euros, sempre que non supere o 80% do orzamento da actuación para a que solicita o financiamento.

Pontevedra, Provincia +Inclusiva é un programa da Deputación que dedica recursos ás entidades sen fins de lucro da provincia para rachar coas barreiras arquitectónicas, impulsar sistemas inclusivos de comunicación e favorecer a participación activa de todas as persoas nos diferentes ámbitos da sociedade. Desde a súa segunda edición, na que se viron beneficiados 30 colectivos, poden participar todas as entidades sociais da provincia independentemente da poboación do concello onde teñan a súa sede.

Cos recursos provinciais, as entidades sen fins de lucro da provincia beneficiarias poderán afrontar melloras da accesibilidade en inmobles da súa titularidade ou en réxime de cesión (quedarían excluídos, polo tanto, os alugueiros) ou os custes da redacción das memoria técnica destes proxectos. Tamén poden dedicar os recursos a adquirir sistemas de comunicación que garantan a inclusión dos usuarios da asociación ou axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal como, entre outras, camas articuladas, colchóns antiéscaras e cadeiras de rodas.

Estas axudas supoñen un impulso nas políticas de inclusión e benestar social da Deputación, que buscan a modernización e o reforzo dos servizos sociais para permitir a autonomía dos usuarios das entidades solicitantes como un elemento primordial para desenvolver as actividades da súa vida cotiá sen restricións, podendo así participar e empregar activamente os diferentes recursos e espazos que poñen á súa disposición.

Novas relacionadas

{"classPK":15282545,"groupId":"37861","name":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","alt":"A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","type":"document","uuid":"530fe323-6b37-9ae5-daba-fd561a65fe7d","fileEntryId":"15282545","resourcePrimKey":"15282584"}

A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  28/04/2026

{"classPK":15275129,"groupId":"37861","name":"20260427_javier_touris_bata_provincia_inclusiva.jpg","alt":"A Deputación visita a Asociación Autismo Bata e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260427_javier_touris_bata_provincia_inclusiva.jpg","type":"document","uuid":"82198150-8c45-e373-b08f-c1029fc9e9d0","fileEntryId":"15275129","resourcePrimKey":"15275161"}

A Deputación visita a Asociación Autismo Bata e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  27/04/2026

{"classPK":15174946,"groupId":"37861","name":"20260414_rafa_dominguez_visita_amencer1.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260414_rafa_dominguez_visita_amencer1.jpg","type":"document","uuid":"6a725a9d-e87c-793e-e581-4b8097de7712","fileEntryId":"15174946","resourcePrimKey":"15175022"}

Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  14/04/2026