A Deputación promociona Rías Baixas como plató de cinema en Focus London, un encontro internacional da industria audiovisual que se celebra entre o 8 e o 9 de decembro en Londres

A institución provincial participará no encontro a través da Rías Baixas Film Commission e están xa pechadas reunións con produtores como Amazon, Netflix, Universal Studios, Lionsgate, Warner Bros, Disney e HBO

06/12/2025

A Deputación de Pontevedra avanza no seu obxectivo de espallar os múltiples atractivos turísticos da provincia. Nesta ocasión, a oferta de Rías Baixas como plató de cinema chegará a Focus London, un encontro internacional da industria audiovisual que se celebra entre o 8 e o 9 de decembro no Business Design Centre de Londres co obxectivo de conectar destinos de rodaxes con profesionais do sector como localizadores, produtores, directores creativos e empresas de post-produción.

A institución provincial participará no encontro a través da Rías Baixas Film Commission e están xa pechadas reunións produtoras de relevancia internacional como Amazon, Netflix, Universal Studios, Lionsgate, Warner Bros, Disney e HBO, ademais de localizadores e traballadores do audiovisual freelance. A todas elas ofreceráselles a guía de rodaxe e presentaranse os lugares máis atractivos da provincia como destino apropiado para grandes producións audiovisuais.

En Focus London a Deputación de Pontevedra pretende establecer contactos directos con localizadores, runners, produtores, estudios de produción, directores e outros perfís creativos e técnicos co obxectivo de atraer novos rodaxes e proxectos audiovisuais ao territorio. Tamén divulgará localizacións singulares e recursos técnicos ou institucionais dispoñibles para materializar estas producións e achegará o compromiso do organismo provincial coa industria cultural e audiovisual, así como co desenvolvemento económico a través do audiovisual.  Ademais, asistirá ás sesións técnicas nas que se analizarán as tendencias actuais do sector, fortalecerán contactos e identificarán oportunidades para impulsar a provincia de Pontevedra como destino de rodaxe estratéxico e innovador.

Novas relacionadas

{"classPK":14835316,"groupId":"37861","name":"20260311_rias_baixas_film_commission_festival_de_malaga.jpg","alt":"A Deputación avanza na captación de rodaxes audiovisuais para a provincia e no posicionamento da imaxe de marca a nivel nacional e internacional no Festival de Cine de Málaga","title":"20260311_rias_baixas_film_commission_festival_de_malaga.jpg","type":"document","uuid":"97ebfce0-6ba7-c399-69e3-99422a9f4582","fileEntryId":"14835316","resourcePrimKey":"14835337"}

A Deputación avanza na captación de rodaxes audiovisuais para a provincia e no posicionamento da imaxe de marca a nivel nacional e internacional no Festival de Cine de Málaga

  11/03/2026

{"classPK":9549865,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-4.jpg","alt":"Logo deputacion pontevedra entrada","title":"20240620_logo_entrada-4.jpg","type":"document","uuid":"8e292339-8367-73fd-0ab9-c5d214d88d98","fileEntryId":"9549865","resourcePrimKey":"14664645"}

A Deputación regresa tras dúas décadas á Feira Internacional de Turismo de Lisboa para promover a internacionalización do destino Rías Baixas

  21/02/2026

{"classPK":14387323,"groupId":"37861","name":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_02.jpg","alt":"","title":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"fa76f33f-57f3-d71e-3cfc-fbb6d55ade44","fileEntryId":"14387323","resourcePrimKey":"14387400"}

A Deputación reforza a promoción turística de Rías Baixas en feiras e participará ao longo do 2026 en eventos no Reino Unido, Portugal e Alemaña para impulsar a internacionalización do destino

  09/01/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.