A Deputación entrega no CRA de Ribadumia o premio ao mellor mural de educación infantil do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

O certame dirixiuse a centros educativos de Infantil e Primaria da provincia para concienciar sobre a xestión responsable e sustentable da auga e dar a coñecer a importancia das traídas de augas veciñais

11/05/2026

A Deputación entrega no CRA de Ribadumia o premio ao mellor mural de educación infantil do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

O deputado provincial Javier Tourís acudiu esta mañá á aula de Sisán do CRA de Ribadumia, onde fixo entrega do primeiro premio da categoría de Educación Infantil en disciplina mural do concurso escolar A Viaxe de Gotiña, co que a Deputación de Pontevedra buscaba concienciar á comunidade educativa e ás xeracións máis novas da provincia sobre a importancia dun consumo de auga responsable e sustentable.

A proposta do CRA de Ribadumia foi escollida entre as presentadas nesta categoría como a mellor, e recibiu de man do deputado provincial unha tableta de última xeración, mentres que o CPR Alba de Vigo acadou o segundo posto e recibirá un lote de xogos educativos Montessori, e o CEIP Atín-Cela de Mos, o terceiro, cun lote de material escolar. O xurado destacou de todos eles, así como do resto de traballos presentados, “a súa excelente calidade”.

Así, ademais desta categoría de Infantil, os estudantes de Primaria podían presentar propostas para dúas categorías: banda deseñada e maqueta. Na primeira o primeiro clasificado foi o CEIP Cordo Boullosa, de Ponte Caldelas, mentres que o segundo posto foi para o CPR Alba, de Vigo, e o terceiro para o CEIP Atín-Cela, de Mos. Na categoría de maqueta a gañadora foi a proposta do CEIP Xesús Golmar, de Lalín, o segundo o CPR Estudio, de Nigrán, e o terceiro o CPR Sagrado Corazón de Praceres de Pontevedra. Nas dúas categorías os primeiros clasificados recibirán 25 bonos de visita ás Illas Cíes, os segundos unha tableta de última xeración e os terceiros un lote de material escolar.

Novas relacionadas

{"classPK":15800309,"groupId":"37861","name":"20260518_javier_touris_a_viaxe_de_gotina_ceip_cordo_boullosa_ponte_caldelas.jpg","alt":"A Deputación entrega no CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas o premio á mellor banda deseñada de educación primaria do concurso escolar A Viaxe de Gotiña","title":"20260518_javier_touris_a_viaxe_de_gotina_ceip_cordo_boullosa_ponte_caldelas.jpg","type":"document","uuid":"0bac66a2-687c-5184-6a6f-593c0ef72ca9","fileEntryId":"15800309","resourcePrimKey":"15800354"}

A Deputación entrega no CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas o premio á mellor banda deseñada de educación primaria do concurso escolar A Viaxe de Gotiña

  18/05/2026

{"classPK":14207611,"groupId":"37861","name":"Gotina_2.jpeg","alt":"CONCURSO ESCOLAR VIAXE GOTINA ","title":"Gotina_2.jpeg","type":"document","uuid":"54289e04-4a13-02e2-d7bc-6506e2a10ba0","fileEntryId":"14207611","resourcePrimKey":"14987645"}

A Deputación mantén aberto ata o próximo martes 31 de marzo o prazo para presentar propostas ao concurso escolar A Viaxe de Gotiña

  24/03/2026

{"classPK":14903686,"groupId":"37861","name":"20260316_Javier_touris_gotina_a_cañiza.jpg","alt":"Javier Tourís asistiu á actividade no marco do proxecto A viaxe de Gotiña","title":"20260316_Javier_touris_gotina_a_cañiza.jpg","type":"document","uuid":"575ca64b-eba6-db9f-0e2b-d49d4a1567cf","fileEntryId":"14903686","resourcePrimKey":"14904116"}

A Deputación organiza na Cañiza un obradoiro escolar para que o alumnado coñeza o funcionamento das traídas veciñais de auga

  16/03/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.