#LetrasGalegas2023

O CAMIÑO ANDADO DAS LETRAS

60.º ANIVERSARIO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e da man do proxecto “O camiño andado das letras”, quere facer un percorrido polas escritoras e escritores da nosa lingua ás que se lles dedicou o Días das Letras Galegas, conmemoración que este 2023 cumpre 60 anos.


Co fin de saber un chisco máis sobre a literatura do país, nesta web publicarase diariamente unha ficha didáctica para o público infantil e outra para o público adulto sobre a vida e obra de cada unha das personalidades homenaxeadas ata chegar á deste ano, Francisco Fernández del Riego. O eixe temporal das entregas tomará como protagonista a escritora galega máis universal, Rosalía de Castro, pois as fichas subiranse desde a data do seu aniversario, o 23 de febreiro, ata o 17 de maio, día no que se celebra a chegada á imprenta a súa obra Cantares gallegos.