#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: AS NOSAS LETRAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : FAMILIAR

  • Duración del espectaculo: 70 MIN

  • Persona representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Página web del grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis de la compañia :

    O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais , falamos dun mago con espectáculos de rúa (co mo "O Afiador" ou "Alquimia" ) ou de gran formato para te atros ("A Maxia da Santa Compaña","Os anos 80","Íntimo" e "Ultreia , ao final do camiño estás ti") e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Dende o comezo da historia, a maxia, dun ou doutro xeito, exerceu unha asombrosa fascinación na vida do ser humano. Os nenos e nenas amosan un grande interese pola maxia, polo que a utilización do ilusionismo é altamente beneficioso para espertar a curiosidade e o coñecemento a través do divertimento. O Mago Teto achega o seu primeiro espectáculo coa dinamización e defensa do galega como vehículo condutor das diferentes maxias que contén o espectáculo. “ AS NOSAS LETRAS” rende unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Dende as primeiras manifestacións literarias en galego no misterioso Medievo, ata as letras das cancións dos grupos da nosa terra escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros , o Rexurdimento, e o século XX, coas súas guerras, ditaduras e prohibicións, que tanto influíron na situación actual da lingua galega. Veremos neste espectáculo marabillosas maxias que nos van a espertar o coñecemento histórico e contemporáneo do galego. Levaremos a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubriremos unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, faremos adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor. Imos unir maxias e letras para ilusionar e divulgar co galego.

  • Caché con IVA : 1650.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2200.0 €

  • Técnica