#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

CRIS DE CALDAS: A CAIXA SEN BEGOÑA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 50min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A-caixa-sen-Bego%C3%B1a/

  • Sinopsis de la compañia :

    Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cú, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente. Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen. Só se precisa orellas, para escoitar, corazón, para deixarse emocionar e boca para sorrir.

  • Sinopsis del espectaculo:

    «É o momento de non cambiar as regras, senón o xogo. É o momento de mudar o mundo: de cambios profundos e estruturais, pero tamén conceptuais; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non?, da felicidade». Estas palabras pertencen a Begoña Caamaño: galega, feminista, xornalista e activista. Na súa obra literaria destaca unha aposta clara pola sororidade fronte ao amor romántico, pola alianza entre mulleres como forza transformadora. Como o fío de Ariadna, o de Begoña é un fío liberador: unha palabra que guía, que ilumina o camiño e que permite saír do labirinto dos relatos impostos. Este espectáculo de narración oral achega ao público a vida e a obra de Begoña Caamaño como unha homenaxe viva, revisitando os mitos que ela mesma reescribiu. A través da palabra, confrontarase a versión tradicional deses mitos coa mirada da autora, ofrecendo outras lecturas posibles, máis xustas e máis libres. Pandora cambiou o mundo movida pola súa curiosidade. Begoña Caamaño transformou o mundo que nos contaron imaxinando —e escribindo— outros relatos. Porque mudar o relato é, tamén, unha forma de mudar o mundo.

  • Caché con IVA : 500.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 940.0 €

  • Técnica