#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

XAROPE TULÚ: MECO E SONO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : PRIMEIRA INFANCIA

  • Duración del espectaculo: 35min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Meco-e-Sono/

  • Sinopsis de la compañia :

    Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. Estrean a súa primeira peza A miña primeira viaxe en 2015 e en setembro de 2025, dez anos despois, o seu último traballo Berenguela na gaiola, unha corpodución xunto á compañía Galeatro, o Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT). O principal obxectivo de Xarope Tulú é achegar o teatro ás crianzas e ás súas familias para promover unha experiencia escénica que permite medrar e vivir dun xeito libre e creativo. Á hora da creación e composición dos seus espectáculos a compañía tenta achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación teatral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Espectáculo de teatro de bonecos e creación sonora en directo: un conto de arrolos para a primeira infancia. Nesta ocasión, Xarope Tulú únese á dramaturxia, música e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial e coidada proposta para ás máis pequenas cunha fermosa escenografía adaptable a todo tipo de espazos. Fedello é un bebé que non durme. Parece lle teme á Noite. Pero a Noite só quere coidalo e que descanse e envía dúas amigas para que lle axuden durmir: Meco Sono. Cando Fedello di: “teño meco, teño sono’” aparecen as dúas ao seu carón para mecelo e cantarlle uns arrolos.

  • Caché con IVA : 1400.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1830.0 €

  • Técnica