#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Ibuprofeno Teatro: Bio Construción

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 75 minutos

  • Persona representante : Ibuprofeno Teatro S.L.

  • Datos de contacto : 696 730 037 - ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com

  • Página web del grupo : https://ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/espectaculos-gl/item/bio-construcion

  • Sinopsis de la compañia :

    Compañía fundada en 2010 por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrais dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente (Raclette, Casa O’Rei, Smoke on the water, Reconversión) ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación (A filla de Woody Allen, O furancho, O mel non caduca, Deadpan Karaoke) Gústanos coidar a dimensión plástica dos traballos, experimentando en cada proposta, para falar de temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico. Participamos en numerosas prazas e festivais co recoñecemento de premios coma o María Casares en diversas categorías ou sendo finalistas nos Max a Mellor Dirección e Autoría.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable. Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.

  • Caché con IVA : 3388.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3993.0 €

  • Técnica