#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

ASSIRCÓPATAS: OH!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración del espectaculo: 50min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/familiar/AsSirc%C3%B3patas/

  • Sinopsis de la compañia :

    A AsSircópatas leva dende o ano 2003 medrando sen presa e sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. A compañía atopa na rúa e no circo o espazo e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro, unha forma particular de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos: dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo... Así, Dani Blanco transforma rúas en teatros e teatros en rúas.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Un espectáculo visual no que a música se une ó mellor circo dun xeito único. Unha viaxe para toda a familia que mistura o clown, a música, os equilibrios e os malabares. Unha viaxe no que facer unha pausa. Houbo unha vez un barco que quedou varado nunha praia. Como unha balea que leva alí tanto tempo que xa perdeu a conta. Nesa libraría itinerante hai alguén que leva moito tempo. Unha libraría, un barco, unha balea...unha escena que se transforma, como un soño, en todo o que poidas imaxinar. Unha libraría que muda levándonos a diferentes universos entre a risa, a sorpresa,.. a emoción! Un ambiente sonoro que nos transporta a un mundo que acubilla, no que deixarnos levar, a través dunha viaxe entre o circo e a música tradicional en directo. Sen ataduras, sen présa. Onde unha pode parar e mirar. Faga unha pausa.

  • Caché con IVA : 3210.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3925.0 €

  • Técnica