#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

FRAN REI: UN VECIÑO NORMAL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO (+14)

  • Duración del espectaculo: 60 MINUTOS

  • Persona representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - ARTEFEITO@ARTEFEITO.GAL

  • Página web del grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/un-vecino-normal

  • Sinopsis de la compañia :

    Desde Artefeito Producións levamos desde o ano 2019 creando, producindo e distribuíndo un teatro de marcado signo social, non porque aspiremos a ofrecer respostas definitivas, senón porque formulamos desde o escenario preguntas que invitan ao público a mirar cara aquilo que ás veces non se ve, tentando converter o espazo compartido nun espello onde a sociedade pode recoñecerse, contradicirse e, se cadra, transformarse. Tal e como propuxemos en experiencias previas, como Soños ou (Algunhas) Cousas de Castelao, teatro comprometido co noso tempo, unha forma de resistencia creativa, artística e luminosa, un espazo onde a arte busca abrir debate. Con Un veciño normal, queremos volver a incidir nesta forma de entender o teatro, convidando ao público a acompañarnos nunha reflexión necesaria sobre a violencia machista no fogar e a responsabilidade da sociedade ante esta tráxica realidade.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Un Veciño Normal é un espectáculo necesario sobre unha realidade oculta que todas temos ao noso carón: no noso pobo, no noso barrio, no noso edificio... Unha obra escrita por Paula Carballeira e dirixida por Sara Rey, con Fran Rei e Corina Mañá en escena; Un Veciño Normal manifesta como as persoas poden non ser o que nos amosan en público. Unha proposta sobre a violencia de xénero que mestura comedia e traxedia, que xera reflexión sobre a cegueira e a xordeira sociais, sobre o impacto da manipulación informativa e das redes, e sobre o machismo estrutural que atravesa a sociedade.

  • Caché con IVA : 3200.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3800.0 €

  • Técnica