#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PETER PUNK PALLASO: Un nadal chungo que te cagas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : intantil e familiar

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : https://charlatana.org/artistas/peter-punk

  • Sinopsis de la compañia :

    Peter Punk é un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia. Conta con máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha gran acollida entre cativas e adultas. A compañía PETER PUNK PALLASO nace en 2003 co espectáculo unipersoal "Chungo que te cagas", no que perfilará un humor fresco, irreverente e orixinal. Nos seguintes anos ten una evolución meteórica. Crea o seu segundo unipersoal, "A Chungatrona", no que mantén o seu estilo singular. Máis tarde crea dous espectáculos dirixidos polo dramaturgo arxentino Walter Velázquez: "Peter Punk e o Neno Imperdible", con música ao vivo, creada e interpretada por Brais das Hortas, con quen comparte elenco. "Peor Imposible" é o seu terceiro espectáculo unipersoal, no que se confirma a madurez deste pallaso internacional. En 2017, estrea o "Concerto Punkinfantil", no que comparte elenco con Brais das Hortas, un espectáculo dirixido por Walter Velázquez e producido por Charlatana.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O Nadal tamén pode ser unha festa tola, gamberra e chea de risas. Peter Punk chega disposto a desmontar o espírito destas datas co seu humor irreverente e o seu inconfundible estilo. Nesta ocasión, o pallaso máis punk do país presenta o seu Nadal particular: onde lle dá a volta á árbore, ás luces, aos gorros e a todo ese atrezzo festivo, pasándoos polo filtro máis absurdo, retranqueiro e divertido de Peter Punk Pallaso. Malabares, lume, música e un desbordante talento escénico combínanse nun espectáculo universal e todoterreo, perfecto para todos os públicos e para calquera espazo. Un show que demostra que o Nadal tamén pode ser chungo… que te cagas!

  • Caché con IVA : 1100.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1100.0 €

  • Técnica