#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PEDRAS DE CARTÓN: ALICIA!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : INFANTIL +3 ANOS

  • Duración del espectaculo: 45min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/familiar/Pedras-de-cart%C3%B3n/

  • Sinopsis de la compañia :

    Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña coa intención de adaptar os clásicos da literatura. Crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas co obxectivo de promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Pedras de cartón presenta Alicia!, o sexto espectáculo da compañía, inspirado no clásico de Lewis Carroll que mergulla ao público nunha viaxe nun mundo fantástico onde reinan o absurdo, a imaxinación e o humor. O sombreireiro é un personaxe que aparece por primeira vez na novela Alicia no país das marabillas en 1865, no capítulo VII “Unha merenda de tolos”. En Alicia! xogamos cunha parella de sombreireiros, para darlle unha volta á historia e convertela nun xogo cómico con obxectos. Os sombreireiros andan á busca de calquera celebración e teñen todo preparado: O te quente, a gran torta de aniversario e toda a decoración. Porque... Un día de festa é a mellor escusa para contar historias, a calquera obxecto que se atopen polo camiño. Alicia! é un espectáculo para toda a familia a partir de 3 anos.

  • Caché con IVA : 1300.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1400.0 €

  • Técnica