#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PETER PUNK PALLASO E BRAIS DAS HORTAS: Concerto Punkinfantil

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil e familiar

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante : CHARLATANA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : https://charlatana.org/espectaculos/concerto-punkinfantil

  • Sinopsis de la compañia :

    Brais das Hortas é músico, narrador oral e clown. Como músico toca en Blues do País e Sacha na Horta, e colaborou en numerosos proxectos (Ataque Escampe, Sofía Espiñeira...) Como clown e músico participa en dous espectáculos con Peter Punk Pallaso : Concerto PunkInfantil e Peter Punk e o Neno Imperdible. Como narrador oral leva máis dunha década na Tropa de Trapo con Marta Ortiz. Peter Punk é un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia. Conta con máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha gran acollida entre cativas e adultas.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de no´s é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as tu´as propias cancio´ns, facer a tu´a banda, atopar a tu´a personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolucio´n! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil". Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo comu´n dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os pu´blicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

  • Caché con IVA : 1700.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1700.0 €

  • Técnica