#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Magia en la Manga: Singularia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar

  • Duración del espectaculo: 70 minutos

  • Persona representante : Magia en la Manga

  • Datos de contacto : 699 792 388 - info@magiaenlamanga.com

  • Página web del grupo : https://magiaenlamanga.com/singularia/

  • Sinopsis de la compañia :

    Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo con sede en Vigo e conformada por dous ilusionistas galegos con máis dunha década de experiencia sobre todo tipo de escenarios en todo o territorio nacional: Sara Rodríguez e Óscar Fernández. Este proxecto nace dende unha visión colaborativa entre profesionais do sector cos obxectivos de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica en pleno dereito. Dende a súa orixe en 2018, a compañía especializouse en produccións dirixidas a programacións culturais en diversos formatos para público familiar. Neste ano 2023, a compañía da outro paso na súa traxectoria coa apertura dunha sala de espectáculos e escola de maxia en pleno centro histórico da cidade de Vigo. Na súa traxectoria, Magia en la Manga foi recoñecido no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura pola súa orixinalidade, calidade e profesionalidade. Entre as nosas colaboracións encóntranse o Museo Centro Gaiás, Xacobeo 2021, Xunta de Galicia, Salón do Libro de Pontevedra, Vialia Vigo ou Grupo SM, entre moitos outros.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Singularia: de aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non pode repetirse. Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.

  • Caché con IVA : 3388.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3388.0 €

  • Técnica