#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

A RAMBOIA: Un tal Romeo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto. Maiores de 14 anos

  • Duración del espectaculo: 70 min

  • Persona representante : Fran Lareu

  • Datos de contacto : 635 815 558 - teatrodaramboia@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.aramboia.com

  • Sinopsis de la compañia :

    A Ramboia é unha compañía creada no 2019 por Anxo García, Fran Lareu e María Peinado. Ideada co fin de crear un espazo propio desde o que indagar na relación do teatro coas distintas artes, así como explorar a súa intersección na multiplicidade do teatro de obxectos, desde un prisma contemporáneo. No 2019, estrean o seu primeiro espectáculo, O meu mundo non é deste reino, despois de gañar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Con este espectáculo acadan unha boa posición de visibilidade no panorama teatral, así como dous premios María Casares 2020 a Mellor Dirección e Mellor Adaptación para María Peinado.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta. Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza: NON TES PERFIL DE ROMEO. XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA. O AMOR É SEMPRE SECUNDARIO. O ROMANTICISMO ESTÁ MORTO. A TÚA CARREIRA TAMÉN. Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas. Que difícil é querer, que difícil é quererse.

  • Caché con IVA : 3162.5 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3987.5 €

  • Técnica