#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS ÍTACA S.L. (ÍTACA TEATRO): ÁCHIFÁNFANOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : MOZO E ADULTO

  • Duración del espectaculo: 55

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 670 875 211 - delirioaduoteatro@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.itacateatro.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    ÍTACA TEATRO debutou como compañía independente coa produción "Cinco minutos sen respirar". A ésta seguírona "Anacos” e “Formigas no peto”. En "Alma de grilo", a música en directo de Vadim Yukhnevich acompaña unha peza deseñada para espazos pouco convencionais e singulares. Esta obra conforma unha fábula contemporánea sobre a complexa condición humana. A compañía estreou "Instrucións para tomar café" no FIOT 2024 en Carballo, un espectáculo de narración oral baseado no libro homónimo de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia. Presenta unha selección de historias que falan das nosas propias imperfeccións como seres humanos. A última estrea de ÍTACA é unha coprodución co CDG (Centro Dramático Galego) titulada "Profetas". Este texto de Ernesto Is, gañador do XVI Premio Abrente de textos teatrais do MIT de Ribadavia en 2021, está dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio. Presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia compartida a través doutras historias do cine e da literatura. ÍTACA Teatro está preparando xa a sua seguinte proposta, que será un novo espectáculo de narración oral co título de "Achifánfanos".

  • Sinopsis del espectaculo:

    Achifánfano: dise de toda cousa, obxecto ou aparello aparentemente inservible que, por algunha razón, motivo, causa ou circunstancia un decide gardar, sen saber moi ben por que. Esta é a definición que miña avóa usaba e que eu herdei dela. Quizabes por iso fun coleccionando tantas trangalladas ao longo da vida. Quizabes por iso decidín recuperar anécdotas da miña biografía que, aínda pensando que non lle interesarían a ninguén, decidín gardar na memoria e hoxe compartilas con quen queira escoitalas.

  • Caché con IVA : 484.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 484.0 €

  • Técnica