#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PETER PUNK PALLASO: Con Lingua Propia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : intantil e familiar

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : https://charlatana.org/artistas/peter-punk

  • Sinopsis de la compañia :

    Peter Punk é un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia. Conta con máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha gran acollida entre cativas e adultas. A compañía PETER PUNK PALLASO nace en 2003 co espectáculo unipersoal "Chungo que te cagas", no que perfilará un humor fresco, irreverente e orixinal. Nos seguintes anos ten una evolución meteórica. Crea o seu segundo unipersoal, "A Chungatrona", no que mantén o seu estilo singular. Máis tarde crea dous espectáculos dirixidos polo dramaturgo arxentino Walter Velázquez: "Peter Punk e o Neno Imperdible", con música ao vivo, creada e interpretada por Brais das Hortas, con quen comparte elenco. "Peor Imposible" é o seu terceiro espectáculo unipersoal, no que se confirma a madurez deste pallaso internacional. En 2017, estrea o "Concerto Punkinfantil", no que comparte elenco con Brais das Hortas, un espectáculo dirixido por Walter Velázquez e producido por Charlatana.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia. Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escea galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con de xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción! Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.

  • Caché con IVA : 900.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 900.0 €

  • Técnica