#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

UNHA SEÑORA ORQUESTRA: UNHA SEÑORA ORQUESTRA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 60min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 698 132 935 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/inicio/

  • Sinopsis de la compañia :

    Unha señora orquestra é unha idea de Ailén Kendelman e Areta Bolado, un proxecto singular e festivo creado man a man. En escena e carretando todos os trebellos musicais vai Ailén Kendelman, creadora escénica e malabarista musical. As letras reivindicativas, cómicas e un chisco picantes son autoría de Areta Bolado, que tamén acompaña na dirección escénica. Estas dúas recoñecidas teatreiras galegas exintegrantes da compañía A Panadaría continúan a súa traxectoria de creación en común neste singular proxecto no que exploran as habilidades como multiinstrumentista e as orixes arxentinas e ruso-polacas de Ailén Kendelman. No seu camiño artístico teñen recibido máis dunha vintena de premios, xuntas e por separado, que recoñecen o seu labor no teatro, o seu bo facer na música e o seu compromiso coa igualdade e os dereitos LGBTIQ+.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldanas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano. O público que entra no mundo de Unha señora orquestra forma parte dun espectáculo cheo de humor e tenrura, move o esquelete con temas bailables e chalados, canta con ela as súas letras reivindicativas e un chisco picantes. Nestes tempos onde impera a “multitarefa” e a intelixencia artificial ameaza con gobernalo todo, poucas cousas hai tan contemporáneas e nostálxicas como un encontro con esta muller orquestra.

  • Caché con IVA : 2570.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3388.0 €

  • Técnica