#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Aterradas: Planeta Pop: a alien que se converteu en superestrela

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto (+13)

  • Duración del espectaculo: 70 min.

  • Persona representante : Iván Davila Grande

  • Datos de contacto : 628 789 623 - ivandavilagrande@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/file/d/1hxB-_HhPZbdaMKKzwHAJ1ujHbbSou5xC/view?usp=drivesdk

  • Sinopsis de la compañia :

    Aterradas é unha compañía formada por Lara Álvarez (actriz e música) e Elsa Comesaña (actriz). PLANETA POP é a nosa primeira produción, creada seguindo as nosas tres máximas: Divertirnos facendo teatro, atopar unha linguaxe propia e facer unha comedia que una xeracións e que faga á xente sentirse comprendida. Graduámonos xuntas na ESAD de Galicia, en Interpretación Textual. O noso Traballo de Fin de Estudos foi o noso primeiro proxecto de creación, QUE RIMA CON CHOMSKY, que gañou o 2º Premio Xuventude Crea de Teatro.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Unha alieníxena chega á Terra cun soño: converterse nunha superestrela do pop. Dúas investigadoras moi fanáticas conseguen recompoñer a súa misteriosa historia, e agora compártena co mundo. Xuntamos a comedia co teatro documental para viaxar polo mundo do pop da man do público, a quen convertemos no grupo de fanáticos que nos acompaña. A investigadoras contan, con diversos documentos, os obstáculos que a extraterrestre ten que superar para facerse famosa, como a precariedade da industria musical, ter adaptarse a Terra ou intentar conservar un traballo. Nese camiño atopamos actuacións musicais, personaxes pintorescos e curiosas reflexións sobre a Terra desde unha visión alieníxena. Unha historia de divas e fans obsesivos, artistas alternativos e managers aproveitados, concursos de talentos e a MET Gala. Todo isto deixándonos levar por unha das fantasías máis universais: querer ser unha superestrela do pop.

  • Caché con IVA : 1800.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2500.0 €

  • Técnica