#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

PAULA QUINTAS CÍA: ROYAL

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : Todos os públicos

  • Duración del espectaculo: 50

  • Persona representante : Pistacatro Productora de Soños S.L

  • Datos de contacto : 669 258 384 - info.paulaquintas@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.paulaquintas.com/royal-gal

  • Sinopsis de la compañia :

    Paula Quintas- Cía é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e o circo a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experiencial a través de códigos contemporáneos. Os seus últimos espectáculos como creadora son : Aurora Boreal (2025), Multiperspectivas (2021-2024), O salón dos pasos perdidos (2023), , Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2down (2015)

  • Sinopsis del espectaculo:

    Un espectáculo de circo-danza cargado de ritmo, humor, emoción e acrobacias. Aquí, o corpo convértese en tinta viva e o movemento escribe historias efémeras no aire, guiadas por forzas antigas que seguen habitando o presente. A máquina non é o obxecto: é a ponte entre o corpo e a emoción, a ligazón entre a idea e o xogo, nun encontro entre dúas personaxes. En escena, as máquinas de escribir funcionan como motores da imaxinación: artefactos que activan diferentes estados creativos, como se cada tecla invocase unha musa. A través delas xorden escenas atemporais, fragmentos suspendidos no tempo onde danza, circo e dramaturxia física dialogan co mito. ROYAL preséntase como unha peza cómica que combina o clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios e a danza de Paula Quintas, creando unha fusión única de movemento, estética e xogo escénico. Elegancia, enredos e complicidades danse cita nunha proposta chea de frescura que fará rir, sorprender e emocionar a toda a familia, ofrecendo unha experiencia artística tan divertida como evocadora.

  • Caché con IVA : 1450.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1815.0 €

  • Técnica