#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MANUEL CORTÉS E RUSS: O ÚLTIMO HOME

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 60

  • Persona representante : ARTYC CONTENT

  • Datos de contacto : 605 805 101 - info@artyc.es

  • Página web del grupo : https://artyc.es/teatro/o-ultimo-home/

  • Sinopsis de la compañia :

    Manuel Cortés combina a súa faceta escénica coa audiovisual, como escritor e actor. No seulabor como escritor ten participado na xestación de moitas obras do grupo Chévere como Eroski Paraíso, As Fillas Bravas, Viaxe ao País dos Ananos, Eurozone, Citizen, Alá no Fondo Hai Sitio Abondo, Radio Universo e HumANA, mais tamén na construción doutras obras para diferentes compañías, artistas e grupos como Voadora, Redrum, Antón Coucheiro, Mofa e Befa, Cía. De María, Xosé Manuel Budiño, Os Quinindiola, Nicho Varullo ou Ainé. Russ é o nome artístico de Marta Gilino, artista consolidada no mund da música, concretamente recoñecida como axitadorada escena electrónica galega. No marco da súa traxectoria atopamos multitude de actuacións dentro e fóra de Galicia, contando con especial presenza no país veciño, Portugal. Como non podía ser doutro xeito, a artista compostelá deixa pegada na súa cidade e participa en multitude de eventos. Recentemente, participou na creación do espazo sonoro da obra de teatro Códice K, aportando, ademais, o dinamismo da música en directo sobre as táboas.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O último home é unha comedia teatral a modo de recital poético. E viceversa. Sendo precisos, unha comedia poética. Un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda (Manuel Cortés) e unha muller DJ/ambientadora sonora (Russ), sobre a idea da extinción da especie humana. O último home expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto. Sen traumas. Sen alarmas. E con humor, por suposto. Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del.

  • Caché con IVA : 2299.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3267.0 €

  • Técnica