#MEDIONATURAL
Camelia
Concurso-Exposición Internacional
A Deputación de Pontevedra organiza o 60.º Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que terá lugar os días 22 e 23 de febreiro no recinto feiral de Pontevedra
O Concurso-Exposición Internacional da Camelia naceu nos salóns da Deputación de Pontevedra en 1965, o que contribuíu a popularizar o cultivo desta flor e a súa comercialización e difusión na nosa provincia.
Grazas ao éxito da primeira edición, o concurso adquiriu carácter anual e foi rotando entre as cidades de Vigo, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, o que promoveu o evento en diferentes puntos da provincia.
Este concurso continúa hoxe e segue a ser un punto de referencia para persoas cultivadoras e afeccionadas que acoden todos os anos, ben a participar ou ben a gozar das últimas novidades desta flor cultivada en terra galega.
A través deste concurso-exposición ponse en valor un importante patrimonio natural e un símbolo dos xardíns galegos, a camelia, flor das Rías Baixas, e difúndense os resultados dos traballos de investigación que se levan a cabo na Estación Fitopatolóxica Areeiro sobre este xénero e as coleccións de camelia da propia Deputación.
PROGRAMA DO LX CONCURSO-EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DA CAMELIA. PONTEVEDRA 2025
- Sábado 22 de febreiro
- Concurso-exposición da camelia, recinto feiral de Pontevedra
- Horario de apertura ao público, de 18:30 a 21:00 h
- Obradoiro de xogos para nenas e nenos*, de 18:30 a 21:00 h
- 18:30 h Inauguración
- 19:00 h Entrega de premios
- 20:00 h Concerto de música
- 21:00 h Peche da mostra
- Domingo 23 de febreiro
- Concurso-exposición da camelia, recinto feiral de Pontevedra
- Horario de apertura ao público, de 10:00 a 20:00 h
- Obradoiro de xogos para nenas e nenos*, de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h
- 11:00 h Hora do té
- 12:00 h Demostración culinaria a cargo de Miguel Mosteiro de Gastrolab
Arousa - 20:00 h Peche da mostra
* Para maiores de 3 anos (atendido por monitoras e monitores).