Órganos de Goberno

Comisións informativas

As comisións informativas constitúense como órganos de estudo, proposta ou consulta dos asuntos que deban ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno.

Estas comisións informativas están integradas por dezasete deputados, que representan a todos os grupos políticos na seguinte proporción: sete membros do Grupo Provincial do PP, seis do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, tres do Grupo Provincial do BNG e un do Grupo Mixto.

As comisións informativas ordinarias teñen lugar os vernes da semana anterior á do Pleno, a partir das 12:00 horas. Se a data prevista coincide cun día festivo será a Xunta de Portavoces a que estableza o día no que terán lugar.

Última modificación: mércores, 03 outubro 2018