Unidade de transparencia

Unidade de Transparencia

A Unidade de Transparencia da Deputación de Pontevedra constitúese segundo a Ordenanza provincial de transparencia, acceso á información e reutilización baixo a dirección do secretario xeral da institución provincial.

Entre as persoas integrantes está o interventor xeral e persoal dos servizos de Recursos Humanos, Contratación, Novas Tecnoloxías, Comunicación e o persoal do Gabinete que a presidenta designe.

Ten as seguintes funcións:

  1. A coordinación en materia de información para o cumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza, solicitando a información necesaria dos órganos competentes do departamento, organismo ou entidade
  2. A tramitación das solicitudes de acceso á información e, no seu caso, das reclamacións que se interpoñan
  3. O asesoramento ás persoas para o exercicio do dereito de acceso e a asistencia a aquelas na procura da información, sen prexuízo das funcións que teñan atribuídas outras unidades administrativas
  4. A inscrición, no seu caso, no Rexistro de solicitudes de acceso
  5. A creación e actualización periódica dun catálogo de información pública que obre en poder da entidade provincial, con indicacións claras de onde se pode atopar esa información
  6. A elaboración dos informes en materia de transparencia administrativa, reutilización e dereito de acceso á información pública
  7. A difusión da información pública creando e mantendo actualizadas ligazóns con enderezos electrónicos a través dos cales poida accederse a ela
  8. A adopción das medidas oportunas para asegurar a paulatina difusión da información pública e a súa posta á disposición da cidadanía, da maneira máis ampla e sistemática posible
  9. A adopción das medidas necesarias para garantir que a información pública estea dispoñible en bases de datos a través de redes públicas electrónicas
  10. As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico e todas as que sexan necesarias para asegurar a aplicación das disposicións desta ordenanza

 

Datos de contacto

Última modificación: mércores, 16 xaneiro 2019