
#TRANSPARENCIA
O Pleno
O Pleno é o máximo órgano de goberno e ten entre as súas competencias aprobar as actuacións e as políticas institucionais da Deputación.
Está composto por 27 deputadas e deputados, representantes de todo o territorio, e presidido pola presidenta do organismo provincial.
Entre as súas funcións principais destacan
- A organización da Deputación
- A aprobación e modificación dos orzamentos
- A aprobación dos plans de carácter provincial
- A adquisición e alleamento de bens
O Pleno para o mandato 2019-2023 constituíuse na sesión do 3 de xullo de 2019.
As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 12 horas. Se a data prevista coincide cun día festivo será a Xunta de Voceiros a que estableza o día de realización.
Ligazóns de interese
- Moción da Presidencia sobre réxime de sesión do Pleno e Comisións informativas (BOPPO 07/08/20219)
- Resolución presidencial de establecemento temporal das sesións plenarias e das comisións informativas non presenciais (BOPPO 14/04/2020)
- Regulamento orgánico (BOPPO 15/03/2021)
- Elección das deputadas e deputados (BOPPO 15/04/2019)