Reglamento de participación ciudadana

Regulamento de participación cidadá

A participación cidadá é unha das premisas fundamentais da actividade da Deputación de Pontevedra. A institución provincial traballa coa máxima de abrir as súas portas á veciñanza, atender as achegas que xorden do tecido social, escoitar as demandas de todos os colectivos e favorecer as iniciativas a prol dos intereses públicos.

A través de distintos mecanismos de participación, regulamentos e pondo á disposición das asociacións e outras entidades espazos propios a Deputación dálles cabida ás inquedanzas do conxunto das e dos pontevedreses. Invitámosvos tamén a participar nas nosas enquisas periódicas na páxina web, que nos serven para mellorar a nosa actividade, sondar de forma directa a opinión pública e abrir liñas de actuación.

Esta institución quere estar ao lado da cidadanía e traballar man a man para servir de canle ás propostas que nos chegan desde os catro puntos cardinais da provincia. A presidenta ponse á vosa disposición para responder a dúbidas e suxestións directamente a través desta web.

Vós tedes a palabra. Nós escoitámosvos.

Última modificación: mércores, 10 outubro 2018