Imaxe representativa do tema Infraestructuras

Informes, autorizacións, permisos e licencias

En relación coas previsións de coordinación co planeamento urbanístico recollidas no artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, nos supostos de redacción, revisión ou modificación de instrumentos de plan que afecten as estradas existentes ou ás actuacións previstas nos plans de estradas vixentes, o concello remitirá, con posterioridade á súa aprobación inicial, o correspondente documento ás  administracións titulares das estradas afectadas para que o informen.

Deste xeito, segundo o previsto no artigo 7d) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publícanse a continuación os informes sectoriais emitidos pola Deputación de Pontevedra nos supostos de redacción, revisión ou modificación de plans de ordenación municipal na rede viaria provincial.

Ano 2020

Calquera tipo de obra que se pretenda realizar nunha estrada provincial (edificacións, peches, beirarrúas, canalizacións, conexións da rede de auga ou de sumidoiros...) debe contar coa autorización preceptiva da Deputación. 

O Servizo de Mobilidade tramita unha media de 1.100 permisos de obra ó ano da seguinte forma:

  • Rexistro de entrada da solicitude
  • Periodicamente relaciónanse as solicitudes e envíanselles ós enxeñeiros técnicos da zona correspondente para que as informen
  • Poden darse dous casos:
    • O informe favorable que autoriza a obra, co que se lle comunica ó Servizo de Intervención para que a liquide e a notifique ó interesado
    • O informe desfavorable, co que se lle comunica ó interesado por se existe a posibilidade de solucionar o problema
  • No primeiro suposto (informe favorable), despois de aboar o importe das taxas correspondentes, o depósito de fianza, etc., tramítase a autorización neste servizo 
  • Unha vez que o asinen o enxeñeiro xefe da zona, o enxeñeiro director de Mobilidade e a presidenta envíaselle o permiso por correo certificado ó interesado