#TRANSPARENCIA

Servizos e procedementos

As deputacións provinciais, como responsables do goberno e administración da provincia, deben cumprir as funcións recollidas no artigo 31 da Lei de bases do réxime local, que son garantir a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal e, ao mesmo tempo, asegurar a coordinación da Administración local coa da comunidade autónoma e coa estatal.


Para cumprir estas obrigas a Deputación de Pontevedra préstalles unha serie de servizos ao conxunto dos concellos e á cidadanía co obxecto de continuar o labor integrador territorial desta na provincia en ámbitos tan diferentes coma infraestruturas, xestión tributaria, urbanismo, asistencia informática ou en materia xurídica.

Neste apartado inclúese a carta de servizos, unha guía das prestacións públicas da Deputación que lle serve como instrumento á cidadanía para verificar o cumprimento efectivo do seu compromiso na prestación destes servizos, e tamén se pode acceder ao catálogo de procedementos administrativos da Sede electrónica.