#DEPORTES

Depo_Andainas

Unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra promove, a través do programa "Depo_Andainas", unha serie de rutas destinadas á poboación en xeral que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Son máis ca rutas de sendeirismo, son unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra, coñecendo as localidades e as súas xentes a través dos ríos e os bosques.


"Depo_Andainas" é un programa gratuíto que oferta a Deputación de Pontevedra, que consta dunha serie de rutas nas que as e os participantes sentirán a natureza mentres camiña polos sendeiros.

Quen pode participar?

Está dirixido ás persoas que gocen coñecendo o contorno natural e cultural polas sendas e camiños da nosa provincia; as "Depo_Andainas" abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Número de andainas e prazas

O programa ofrece 4 saídas. Para cada día ofértase un máximo de 200 prazas.

Consulta os itinerarios e as características e apúntate canto antes a través da nosa web.

Formalización da inscrición

As persoas participantes poderán inscribirse a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se anoten con posterioridade (ata un máximo de 50) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da andaina ás 10 horas.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións o luns anterior á realización da andaina ás 10 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal. Deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á andaina serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS.

Funcionamento do programa

Elixe unha das nosas rutas, ata ben os cordóns e apúntate!

As e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e un grupo.

Así mesmo, todos os participantes deberán respectar os protocolos de actuación establecidos, dende o inicio da ruta ata a súa finalización.

Días e rutas

Depo_Andaina da Sidra (concello da Estrada)
DEPO_ANDAINA DA SIDRA DEPO_ANDAINA DA SIDRA

A actividade realizarase no concello da Estrada; trátase dunha ruta de aproximadamente 9 km que transcorre de maneira continuada por plantacións de maceiras, que nesta época están en floración.

Ademais, nunha das sidrerías da zona explicarase o proceso de elaboración da sidra.

 

Depo_Andaina da Auga (concello de Silleda)
DEPO_ANDAINA DA AUGA DEPO_ANDAINA DA AUGA
  • Apertura de inscricións: 26 de xuño ás 10 h
  • Peche de inscricións: 17 de xullo
  • Inscrición
  • Lista de persoas admitidas
  • Data de realización: 23 de xullo
  • Distancia total: aprox. 9 km
  • Tipo de ruta: circular
  • Dificultade: baixa
  • Saída/chegada: Eirexe

Trátase dunha ruta circular cuxo punto de inicio e final se sitúa no núcleo de Eirexe, na parroquia de Graba (Silleda). Ten unha lonxitude de 8,4 km e transcorre polas carballeiras da Devesa e polo rego dos Mosqueiros, onde hai unha serie de muíños, dos que se explicará a súa historia e o seu funcionamento e, de ser posible, visitarase algún deles. Así mesmo, tamén pasa polo rego das Puzas, onde se pode ver a fervenza de Santa Mariña desde un pequeno miradoiro.

Depo_Andaina do Miradoiro da Siradella (concello do Grove)
Depo_Andaina do Miradoiro da Siradella Depo_Andaina do Miradoiro da Siradella
  • Apertura de inscricións: 24 de xullo ás 10 h
  • Peche de inscricións: 4 de setembro
  • Inscrición
  • Lista de persoas admitidas
  • Data de realización: 10 de setembro ás 10 h
  • Distancia total: aprox. 10 km
  • Tipo de ruta: circular
  • Dificultade: baixa
  • Saída/chegada: rúa Castelao

A actividade realizarase no concello do Grove. Comezará no centro da vila, na emblemática rúa Castelao. É unha ruta circular duns 10 km de percorrido cun ascenso de 231 m e un descenso de 214 m. Discorre integramente na península meca, unha contorna cun encanto particular propio da súa esencia, onde poderemos observar paisaxes coma a praia da Lanzada, as illas de Ons e Sálvora ou municipios próximos coma Meis, Cambados ou Ribeira, entre outros. Durante a actividade impartirase unha charla sobre o marisqueo na zona.

Depo_Andaina do Viño Rías Baixas (concello de Cambados)
Prazas esgotadas

 

Depo_Andaina do Viño Rías Baixas Depo_Andaina do Viño Rías Baixas

A actividade realizarase no concello de Cambados. Comezará nas inmediacións do Hotel San Marcos de Cambados. É unha ruta circular de aproximadamente 12 km, que discorre por diferentes zonas de viñedos e adegas (entre elas Condes de Albarei ). Unha parte do percorrido coincide coa Ruta do Padre Sarmiento, tramo costeiro onde se poderá gozar de incribles vistas da illa da Toxa, de zonas de arboredo e de bosques autóctonos.

Ao finalizar a actividade realizarase unha pequena cata de viño da zona.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO