- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Xornalista viguesa. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, conta cun máster en periodismo na Universidade de Barcelona e cun diploma de xornalismo avanzado pola Escola de Xornalismo da Universidade de Columbia. Traballou nas redaccións dos xornais Faro de Vigo, El País, Nós Diario, na axencia Europa Press e nos servizos de comunicación de festivais coma a e na Semana do Libro de Compostela. Presentou o podcastde conversas coa nova emigración galega Conexión.gal e copresentou o podcast Retrocorenta, ambos en Praza.gal. Recibiu o premio Comunicar en Igualdade da Xunta de Galicia en 2019 por un traballo colectivo realizado ao abeiro da asociación Xornalistas Galegas, o premio xornalístico Xoán Vicente Viqueira do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en 2022 e o Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético do Concello de Redondela en 2023 polo tratamento da violencia machista. Na actualidade, é vogal na Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e traballa no xornal Praza.gal e na revista Vinte.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo