- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Basauri, Biscaia, 1982
Xornalista, escritora e documentalista sonora especializada en asuntos relacionados coa memoria histórica, cos dereitos humanos e coa perspectiva de xénero.
É doutora en Estudos Culturais e profesora de Historia Cultural na sede da Universidade de Nova York en Madrid. Dirixe o podcast De eso no se habla, un proxecto de non ficción narrativa sobre silencios, que foi o único europeo elixido de entre 12.000 aspirantes ao PRX Google Podcasts Creator Program, unha colaboración entre Google e PRX para proporcionarlles formación, orientación e recursos ás voces menos representadas no mundo do podcasting.
Foi produtora executiva de audio en El País, onde creou e dirixiu, entre outros, Hoy en El País, o podcast diario do xornal e a serie El silencio roto, sobre a investigación dos abusos a menores na igrexa católica.
As súas crónicas sonoras publicáronse en medios coma Radio Ambulante, Las Raras, Deutsche Welle, Euskadi Irratia ou Carne Cruda. Tamén publicou crónicas e artigos de opinión en medios coma ElDiario.es, La Marea, Público, Mongolia, CTXTou El Estado Mental, entre outros.
O podcast De eso no se hablarecibiu unha mención do xurado nos premios Ondas 2020 e, en maio de 2021, recibiu o Premio Internacional de Xornalismo Colombine pola reportaxe sonora Una placa en mi pueblo.
É autora dos poemarios Irse (2010) e También eso era el verano (2014), ademais do ensaio Poética de la ausencia (2019).
Twitter: @txabela_cc / @deesono_podcast
Foto: Julián Roldán, 2023
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo