A Deputación de Pontevedra pon en valor o emprendemento feminino a través dunha xornada de networking en Lalín

“Mulleres que emprenden e inspiran” contará ca presencia de catro empresarias que compartirán as súas experiencias co fin de fomentar o autoemprego feminino

11/05/2022

Para incentivar ás mulleres a emprender e aproveitar o potencial feminino da provincia no ámbito do autoemprego, a Deputación de Pontevedra organiza este xoves 19 de maio a "Xornada Networking: Mulleres que emprenden e inspiran". Este obradoiro terá lugar de forma presencial, na oficina de SmartPeme en Lalín das 12:00h ata as 14:00h.

A xornada estará protagonizada por catro mulleres empresarias e emprendedoras: Alba Iglesias do Centro Wellness; Elvira Blanco de As Bicadas - Aceite de Oliva; Elvira Ferreiro de Elvira Ferrereiro Estética Avanzada e Mabel Vidal de Casa Cacheiro - Casa Rural. As catro relatoras, falarán das súas experiencias no autoemprego: como comezaron os seus proxectos, os retos e desafíos aos que tiveron que facer fronte ou como conseguiron oportunidades para afianzar os seus negocios. Trala conferencia, a xornada rematará cunha sesión de networking co fin de crear sinerxías entre os negocios da comarca do Deza-Tabeirós, así como facilitar a interacción e a creación dun espazo de debate entre as persoas asistentes.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de deste evento ou na app. Para máis información poderase contactar telefonicamente no 886 202 020 ou cunha mensaxe a info.smartpeme@depo.es

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.