#ECONOMÍA

Viveiros de empresa

Lalín e Barro

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2016 os viveiros de empresa de Lalín e Barro coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nun contorno económico e empresarial complexo que demanda proxectos empresariais creativos, innovadores e sólidos.


Son unha estrutura de acollida temporal de empresas dirixida a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, prestarlles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial e favorecer a colaboración entre elas.

PERSOAS DESTINATARIAS
  • Naves e oficinas:
    • Autónomas e autónomos e empresas de nova ou recente creación (menos de 2 anos)
  • Posto espazo coworking:
    • Persoas emprendedoras que necesiten un espazo para analizar e preparar o seu proxecto de negocio
SERVIZOS
  • Locais privados equipados con mobiliario e dotados de infraestruturas de electricidade, climatización, comunicación e auga (pagamento segundo consumo)
  • Recepción e control de accesos de 8 a 22 horas, administración, limpeza e mantemento de zonas comúns, aparcadoiro, seguridade e impresora/fotocopiadora
  • Chave de acceso
  •  Uso de balde da sala de xuntanzas (previa solicitude)
  • Asesoramento e formación: creación e xestión de empresas; internacionalización; xestión da calidade; medio ambiente e prevención de riscos laborais; proxectos e subvencións relacionados coa Unión Europea; e asesoría xurídica, fiscal e laboral
  • Asesoramento sobre TIC e mellora da competitividade empresarial a través da Rede SmartPeme
  • Programa de actividades: dinamización empresarial e fomento da cultura emprendedora
  • Cesión de espazos a asociacións empresariais para actividades propias de carácter puntual
VIVEIRO DE BARRO

Espazos

  • 16 naves industriais cunha superficie variable de entre 54, 75 m2 e 111, 10 m2
  • 24 oficinas (16 de 18 m2 e 8 de 25 m2)
  • Sala de espera
  • 3 espazos polivalentes para xuntanzas (de 37 m2 cada un)
  • Espazos de coworking
  • Fab Lab
  • Centro de servizos e apoio empresarial

Planos


Prezos (sen IVE)

Primeiro ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 1,62 €
Oficinas (tipo 1) (18 m²) 1,75 €
Oficinas (tipo 2) (25 m²) 1,75 €
Posto espazo coworking 1,75 €

Segundo ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 2,44 €
Oficinas (tipo 1) (18 m²) 2,62 €
Oficinas (tipo 2) (25 m²) 2,62 €
Posto espazo coworking 2,62 €

Terceiro ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 3,25 €
Oficinas (tipo 1) (18 m²) 3,50 €
Oficinas (tipo 2) (25 m²) 3,50 €
Posto espazo coworking 3,50 €

 

 

VIVEIRO DE LALÍN

Espazos

  • 3 naves industriais cunha superficie variable de entre 131,20 e 142,70 m2
  • 5 oficinas (4 de 16,10 m2 e 1 de 18,10 m2)
  • 1 espazo polivalente (sala de xuntanzas)
  • Espazo de coworking  (16 postos)

Planos


Prezos (sen IVE)

Primeiro ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 131,20 m² e 142,70 m²) 1,62 €
Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 1,75 €
Posto espazo coworking 1,75 €

Segundo ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 131,20 m² e 142,70 m²) 2,44 €
Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 2,62 €
Posto espazo coworking 2,62 €

Terceiro ano

Espazo Prezo mensual €/m²
Naves (entre 131,20 m² e 142,70 m²) 3,25 €
Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 3,50 €
Posto espazo coworking 3,50 €

  

  

VIVEIRISTAS

As persoas físicas e/ou xurídicas (cunha actividade empresarial inferior a 24 meses e/ou con intención de constituírse nun prazo inferior a 3 meses) deberán presentar por rexistro a seguinte documentación:

  • Solicitude (anexo I)
  • Declaración responsable de non atoparse en ningunha prohibición para contratar
  • Currículo profesional das persoas solicitantes
  • Memoria descritiva da actividade (anexo II)
  • Cronograma da posta en funcionamento
  • Especificación do réxime tributario e da Seguridade Social
  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento identificativo para persoas empresarias individuais
  • Escrituras de constitución (se for o caso)
  • Apoderamento (cando a ou o licitador non actúe en nome propio ou se trate de persoas xurídicas)

Para máis información pode consultar a normativa de aplicación:

contrato de cesión das naves e oficinas é dun ano, prorrogable ata un máximo de tres. Nos postos do espazo coworking o contrato mínimo é dun mes, prorrogable mes a mes. A prórroga farase atendendo ás necesidades de estancia de cada unha das empresas previa solicitude (anexo III).

CONTACTO
  • Viveiro de Barro
    • Polígono industrial de Barro, parcelas A4.5
    • Lugar de Outeda-Curro, 36692 Barro, Pontevedra
    • Teléfono: 886 217 310
    • E-mail: viveiro.barro@depo.gal
  • Viveiro de Lalín
    • Polígono industrial Lalín 2000, parcela E
    • 36500 Lalín, Pontevedra
    • Teléfono: 886 217 360
    • E-mail: viveiro.lalin@depo.gal
  • Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra

Logo Fundación IncydeLogos Fondo Social Europeo

Documentos

ODS NOS QUE TEN IMPACTO