#BENESTAR SOCIAL

+ CONVIVENCIA

2024

O programa “+Convivencia” ten como obxectivo crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra nos que poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. Serán obxecto de subvención aqueles gastos previstos a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades enmarcadas dentro do catálogo de “+Convivencia” (anexo II) que teñan lugar ata o 15 de decembro de 2024.


A quen vai dirixido?

Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPA que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.

Cal é o financiamento e que gastos son subvencionables?

Só se concederá unha subvención por entidade e o importe máximo da subvención para cada actividade será de 1.000 euros. Os gastos subvencionables serán:

  • Custos de entradas ou similares
  • Gastos de medios de transporte
  • Gastos de axencias de viaxes
  • Gastos de guías oficiais de Galicia (https://aei.turismo.gal/es/rexistro-de-empresas-e-actividades-turisticas)
  • Gastos de seguros necesarios para o desenvolvemento da actividade
  • Gastos de restauración e/ou catering, que non poderán exceder do 50 % do gasto subvencionable (máximo 500 euros)
Contacto