ACTUALIZACIÓN DE DATOS DOS CONCELLOS EN MATERIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Desde o Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra detectouse a necesidade de actualizar a información dos concellos da provincia de Pontevedra en materia de emprego, coa finalidade de impulsar a colaboración e poñer en valor o desenvolvemento provincial para dinamizar o territorio, coñecer as necesidades e particularidades de cada concello, así como para cooperar no desenvolvemento económico e social da provincia.
Esta colaboración permitiralle á entidade provincial establecer liñas de traballo para prestarlles apoio aos concellos dentro das competencias que ten establecidas.
Para actualizar a información elaborouse un formulario. O envío deste obedece a un dobre motivo:
- Por unha banda, actualizar a información do persoal do seu concello para implementar as políticas de emprego no ámbito das súas competencias.
- Por outra, poñer en marcha un mecanismo de colaboración futura de recollida de información, que servirá para identificar as necesidades de cada territorio no relacionado coa orientación e formación para o emprego e axudará a tomar decisións futuras que contribúan a mellorar a empregabilidade.